Soar urbano en venda na Estrada
1.170 m² no corazón da Estrada (Pontevedra). Xunto a supermercados, servizos e futura autovía Santiago – A Estrada.
Contactar agoraO soar en venda
Este amplo soar urbano en venda atópase nunha localización estratéxica en expansión na Estrada (Pontevedra), concretamente na esquina entre a avenida de Vigo nº 37 e a rúa Doutor Manuel de la Calle nº 1.
A zona está a experimentar unha forte revalorización, corroborada polos estudos de mercado de multinacionais como Froiz —co seu supermercado a 150 m—, Mercadona e Iberdrola, que realizaron un importante investimento co novo centro comercial con electroliñeira xunto ao cuartel da Garda Civil e á estación de servizo, a 300 m do soar. Coa futura autovía gratuíta de alta capacidade Santiago – A Estrada, esta zona quedará a 20 minutos do centro de Santiago de Compostela.
Exemplo de edificación
3 parcelas de 390 m² con chalés de ata 312 m² cada un (2–3 plantas, con planta maior ≤ 195 m²).
Características urbanísticas
Tipo de edificación permitida
Vivendas unifamiliares illadas ou pareadas.
Alturas permitidas
Planta baixa, primeira planta e baixo cuberta.
Superficie máxima construída
Ata 936 m² sumando todas as plantas.
Ocupación en planta baixa
Máximo 50 % do soar: 585 m².
Parcelación
Posibilidade de dividir o soar en 3 parcelas.
Superficie do soar
1.170 m².
Servizos dispoñibles na beirarrúa
Rede eléctrica trifásica (Unión Fenosa / Naturgy), rede municipal de auga e saneamento, e rede de telecomunicacións de fibra óptica.
Referencia catastral
1463004NH4216S0001DE
Contacto
Teléfono: 616 225 770




